Que son as ferreñas troqueladas?
Son ferreñas fabricadas cun troquel (matriz), empregando para isto unha máquina troqueladora.
Que vantaxes teñen?
O sistema de matrices permite, tendo a maquinaria industrial adecuada, fabricar un gran número de unidades en pouco tempo. Ademais as pezas resultantes son idénticas.
Problemas?
Os troqueis ou matrices son pezas cun custe moi elevado. Por outra parte, cada matriz só permite fabricar un modelo cunha forma, diámetro e concavidade únicos.